A recollida e reciclaxe de residuos especiais triunfa en Ponteceso

Recollida de residuos especiais en Ponteceso_Cedida

  • Durante o 2020 recolléronse 14.610 quilos de aceite usado

O sistema de recollida e reciclaxe de residuos urbanos especiais implantado no concello de Ponteceso tivo unha boa aceptación por parte dos habitantes do municipio, segundo os datos aportados pola empresa encargada de realizar esta recollida.

Con respecto ao aceite de cociña usado, que xa recollerao con anterioridade, este ano recicláronse un total de 14.610 quilos, que serían aproximadamente 16.232 litros.

No mes de setembro, o concello puxo en marcha a recollida e reciclaxe destes residuos que, polas súas características, precisan dun tratamento especial á hora de someterse ao proceso de reciclaxe. Destacan o aceite de cociña, graxas e mantecas, pilas e baterías, bombillas ou electrodomésticos pequenos do fogar que, entre outros, foron transportados á planta de reciclaxe Collecting Oil.