A redacción o proxecto da senda peonil da estrada de acceso ás praias de Barizo, Esteiro e Seiruga

1 minutes read

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde do Concello de Malpica, Walter Pardo, reuníronse no pazo provincial para abordar a cuestión do proxecto de construción da senda peonil na estrada que dá acceso aos areais de Barizo, Esteiro e Seiruga, a DP-4306, que xa se atopa en fase de redacción. Este espazo carece, actualmente, desta infraestrutura, que se antolla indispensable xa que empregan a estrada a diario moitos peóns e automóbiles, sobre todo de cara a tempada estival, xa que permite o acceso a tres dos areais máis concorridos do municipio. As sendas peonís axudarían a incrementar a seguridade de veciños e turistas, á vez que se mellorarían as comunicacións a pé intermunicipais. Un proxecto importante para moitas e moitos veciños de Malpica, e que suporá un antes e un despois na vida de moitas e moitos malpicáns», afirmou o alcalde, Walter Pardo.