A Rede Cultural da Deputación da Coruña mantivo o seu nivel de contratación a pesar da Covid

Cedida.

Das 1.307 actuacións programadas polos concellos a través do circuíto provincial desde despois do confinamento, só se cancelaron 51. O deputado Xurxo Couto valora como «moi positivo o balance dunha edición difícil pero que se resolveu con ben para o sector e os concellos co cumprimento tamén dos protocolos sanitarios».

Contra o previsto polo confinamento que se produciu no inicio da época forte da programación, a Rede Cultural mantivo o nivel de contratación de espectáculos e tamén a programación dos concellos que se canalizou por medio do circuíto provincial.

Cando quedan aínda dous meses de desenvolvemento do programa máis complexo debido á decisión de ampliar o prazo da edición, desde o servizo de Cultura da Deputación da Coruña avánzase un balance que apunta a un lixeiro incremento do volume de contratacións por parte dos concellos e unha mínima anulación de espectáculos ao longo do ano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha