Os distintos espazos que forman parte da Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña supoñen unha referencia para o emprendemento, non só no relativo a organización deste tipo de actividades, de fomento do emprendemento, senón tamén como centros especializados onde recibir apoio e asesoramento para iniciar a actividade empresarial, ademais de establecer redes de colaboración con outras persoas emprendedoras.
A Rede de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña organiza eventos para fomentar o emprendemento entre a mocidade e desprazarase ao Coworking da Pobra, onde dúas excoworkers, promotoras dos proxectos Exeria e Treboada, e a xestora do centro, da empresa Promove, organizan a xornada «Cafés feministas para emprender». A organización desta xornada é o resultado das sinerxías entre tres mulleres emprendedoras, en diferentes etapas, que se unen para axudar a outras persoas que, coma elas, buscan apoio para gañar confianza na aventura de emprender. Arredor dun café, os grupos de alumnos e alumnas participantes terán a oportunidade de analizar o emprego e o emprendemento no Barbanza para reflexionar arredor dalgunhas cuestións de xénero que inflúen á hora de emprender.