A Rede Galega de Praias sen Fume acada este ano un total de 187 praias, sexan mariñas ou fluviais, de 77 concellos diferentes das catro provincias galegas. En consecuencia, na actualidade, o 37% das praias galegas, xa son “praias sen fume”, contribuíndo a promover unha vida sen tabaco, desnormalizar o seu consumo e tamén coidar o medio ambiente.
Esta Rede naceu no ano 2016, con apenas 26 praias adheridas, como un programa cun fin educativo e de sensibilización social, recalcando a importancia da conduta dos adultos ante os máis pequenos, como figuras modélicas que son. O obxectivo é que a mocidade saiba que o normal é non fumar e avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco, ao obxecto de converter este entorno en educativo e preventivo.
O obxectivo é conseguir que, nos vindeiros anos, todas as praias galegas formen parte da rede. Este programa, no que Galicia é pioneira a nivel estatal, ten sido incorporado posteriormente por outras comunidades autónomas como Murcia en 2018, Andalucía, Asturias, Baleares e a Comunidade Valenciana en 2019 ou o País Vasco neste ano 2021.
As ultimas cifras de prevalencia na nosa comunidade autónoma (SICRI 2018), indican que o 16,8% da poboación galega fuma diariamente e, no grupo dos nosos mozos de 16-24 años, fano o 12,7%. Lograr que estas cifras baixen nos próximos años, aumentando a porcentaxe entre a poboación moza que non comece a fumar.