A refinaría coruñesa de Repsol avanza cara un modelo enerxético descarbonizado

1 minutes read

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou as instalacións da refinaría de Repsol. Estivo acompañada pola directora, Natalia Barreiro, e diferentes responsables do complexo. O obxectivo deste encontro foi coñecer de primeira man o funcionamento actual da refinaría e os proxectos abertos pola empresa en materia de transición enerxética.

Inés Rey constatou o traballo que leva a cabo Repsol para introducir na Coruña un modelo enerxético descarbonizado dentro da transformación industrial na que se atopa o complexo para cumprir co obxectivo da empresa de ser unha compañía cero emisións no 2050. Durante a visita, foi informada dos traballos e investimentos que se están a realizar durante a actual parada programada de catro unidades da refinaría. Isto permitirá incrementar a produción de biocombustibles de baixa pegada de carbono.

Inés Rey apuntou durante a visita o compromiso do seu Goberno municipal coa sostibilidade e reducir o máximo posible as emisións de todas as instalacións situadas no termo municipal da Coruña.