O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense incrementará nun 30% o número de camas, e estará dividido en boxes individuais, aprendendo as leccións da pandemia. A obra ten dúas fases. A primeira é a habilitación dun novo espazo para pacientes críticos, no que se habilitarán 10 novos boxes. A segunda, é a reforma integral do actual espazo de UCI, coa instalación de 20 boxes individuais máis nesa localización.
En primeiro lugar, está a obra do novo edificio de hospitalización e de reforma do materno-infantil, que comezou en novembro do ano pasado “e da que todos os cidadáns poden comprobar os seus avances”. É unha obra de 48,2 millóns de euros que supón un novo edificio de doce andares destinado a hospitalización e a radioloxía e urxencias, xunto coa remodelación de todo o actual edificio do Materno.
En segundo lugar, vai servir para substituír as dúas gammacámaras coas que conta o CHUO e para trasladar as novas desde o hospital Santa María Nai ata este novo espazo no soto do Materno.
A terceira gran actuación é, o proceso de renovación de equipos tecnolóxicos.