A reforma do estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín atenderá necesidades de 600 deportistas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na inauguración do estadio Manuel Anxo Cortizo tras a reforma que contou cun orzamento de máis de 700.000 euros. As instalacións inauguráronse ademais cun partido amigable entre o CD Lalín, que milita actualmente na Primeira Galicia de fútbol, e o Ourense CF, equipo de Segunda RFEF, enfrontamento que tamén dará paso ao comezo da competición oficial do equipo local.

As obras realizadas no estadio de fútbol supuxeron a substitución do antigo céspede de herba natural, xa en malas condicións, por un novo terreo de xogo de céspede artificial de última xeración que permita un máximo grao de uso cun mínimo mantemento. Para a realización destas obras foi necesario retirar os restos do antigo terreo co obxectivo de instalar unha nova base para o céspede xunto coa instalación dun novo sistema de drenaxe e rede de rego, o valado do campo, equipamento e a súa marcación. Nas verbas do secretario xeral “non só beneficiará aos máis de 200 nenos que practican fútbol en Lalín, senón que tamén o fará co atletismo, o rugby ou o fútbol gaélico que utilizan estas instalacións e que en total, suman un total de 600 deportistas que verán a súa contorna cotiá de práctica deportiva optimizado”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha