A reserva de auga para o consumo en España baixa do 30%

O ano 2023 arrastra os efectos dun 2022 moi seco e o nivel de auga embalsada en España atópase en valores mínimos en comparación cos últimos dez anos. O conxunto dos encoros consuntivos, é dicir, aqueles destinados a abastecer de auga á poboación e á agricultura, situouse este martes ao 29,3% da súa capacidade, de acordo coa última actualización do Boletín Hidrolóxico Semanal do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco).

A auga acumulada para o consumo está algo máis de dous puntos porcentuais por baixo da situación na mesma semana do ano pasado, e case 19 puntos menos que hai unha década. As ondas de calor golpearon prematuramente durante xuño, xullo e agosto, e o inverno e a primavera de 2023 foron, respectivamente, o décimo e a primeira máis cálidos desde o comezo da serie en 1961. A iso, súmanse os efectos do ano hidrolóxico 2021-2022, que terminou como o terceiro máis seco desde hai 60 anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha