A residencia Domusvi de Vimianzo rexistra a maior parte dos positivos do municipio

1 minutes read
  • Segundo as últimas cifras oficiais, dos 90 casos 72 correspóndense cos usuarios e traballadores do centro

O Concello de Vimianzo segue en pé de guerra contra o coronavirus. A localidade leva case dous meses cun peche perimetral e a situación non para de complicarse. Este mércores, Sanidade rexistrou un total de 90 positivos, «dos cales 72 correspóndense cos afectados na residencia de maiores Domusvi», destacan desde a administración local.

Despois do primeiro resultado positivo dun dos residentes o día 18 decembro, desde a entidade seguiron os pasos establecidos pola Autoridade Sanitaria, a Unidade de Coordinación e Apoio asistencial a Residencias da área Sanitaria A Coruña e o Sergas. Entre as medidas adoptadas atopábase a realización dos test a todos os residentes conviventes da unidade co primeiro positivo, detectándose un total de 5 usuarios afectados, segundo sinalaron a nhdiario fontes próxima a Domusvi.

Posteriormente realizouse un cribado por PCR ao resto de residentes e traballadores, lanzando un total de 10 positivos ( 8 usuarios e 2 de persoal).

As novas probas e controis para localizar a posibles asintomáticos seguiron descubrindo novos casos, ata notificar os 72 actuais. Este martes procedeuse a un cribado de saliva, polo que os casos poderían aumentar.