- A demanda simultánea de datos foi tal que ás 20:30 horas bloqueouse a conexión de fibra óptica durante cinco minutos.
Puntualmente ás 10 da mañá deste venres a emisora de radio Novahit comezaba programa matinal en directo xunto á igrexa de Buño, Frisco Taibo, recoñecido radiodj era o encargado de presentar e dirixir ese programa matinal en directo de catro horas de duración ata as dúas da tarde. Polos micrófonos da emisora pasaron, para falar de Olería, ás 10:30 o alcalde de Malpica, Walter Pardo, dez minutos máis tarde o presidente dos oleiros de Buño, Fran Gorín, e ao mediodía a concelleira da Mostra, Leticia Varela.
Ambos coincidiron en reclamar a declaración de Interese turístico Internacional para seguir contribuíndo a conservar e promocionar este oficio con mais de 400 anos de vida. Na mesma liña, xa pola tarde, Bea, de Olería Faya, agradecía ante a locutora Lida Trasmonte, a infinidade de visitas e vendas de produtos que estaba a levar a cabo estes días.
Cun día de sol, dos mellores do verán ata o momento, a asistencia de público non foi atafegante, pero si constante, sobre todo a primeira e última hora do día. Destacando a inauguración da Obra Colectiva Zoquiñas Vermellas, as demostracións ao torno e a degustación de viño de tinalla que pechou a xornada do venres.
Cabe destacar o gran interese de moitísima xente polo que estaba a ocorrer na Mostra de Olerría de Buño, máis de 132 mil usuarios conectáronse ás direccións de streaming ofrecidas pola emisora Novahit a través da súa web. Maioritariamente de Galicia, pero tamén desde toda España e o estranxeiro – Canarias, Portugal ou Suíza, dos máis conectados-, ata o punto que pasadas as 20:30 horas a conexión de fibra óptica bloqueouse uns minutos por exceso de fluxo.
A mostra segue viva con infinidade de actividades ata este domingo.