A rexedora de Camariñas, Sandra Ínsua, volve ao seu posto tras superar a Covid-19

Concello de Camariñas

O Concello de Camariñas volve a contar coa súa alcaldesa, Sandra Ínsua, no edificio consistorial despois de recibir a alta tras pasar a Covid-19.

A concelleira Encarna Liñeiro continúa en illamento domiciliario á espera dos resultados da análise serolóxica e, se todo vai ben, está previsto que se reincorpore o xoves ao seu posto. Por outra banda, o concelleiro Fabián Canosa tamén está exercendo as súas funcións tras recibir a alta médica este luns.

Iniciado o cribado xeral en Camariñas

Este martes, 19 de xaneiro, o Sergas comezou o cribado xeral entre a poboación camariñá co obxectivo de detectar casos asintomáticos. As probas continuarán ao longo desta semana.

O Sergas está citando á veciñanza mediante mensaxes SMS, asignando unha data e lugar diferenciados para cada persoa.