A Ría de Muros Noia estrea unha nova páxina web

1 minutes read

A Ría de Muros Noia conta cunha renovada e ampliada páxina web: www.riademurosnoia.com, que foi presentada este venres por Teresa Villaverde, presidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Lousame. Teresa Villaverde fixo fincapé na funcionalidade da nova web, que facilitará o contacto permanente con todo o sector turístico dos seis concellos que integran a Ría de Muros-Noia a través dunha Intranet e que permitirá tamén ofrecerlle ao visitantes unha información actualizada e atractiva sobre este destino turístico e a propia información dos establecementos hostaleiros, de restauración e de turismo asociados.

“Poremos en marcha listas de distribución de WhatsApp, mailing e a propia Intranet da web para que a comunicación cos distintos actores turísticos da Ría de Muros-Noia sexa o máis fluída posible”, asegurou Teresa Villaverde, quen aproveitou tamén para agradecer o traballo realizado polas empresas que desenvolveron o sitio web e polas numerosas persoas que colaboraron na recollida dun gran volume de información e contidos para a páxina web.

A maiores, a web actualizarase continuamente con propostas para “Que facer” na visitas, incluíndo un Top 10 coas propostas estrelas seleccionadas dos distintos municipios, un apartado de rutas de sendeirismo e BTT, un detallado percorrido polas praias, miradoiros e todo o que se pode facer sobre a ría. Todo isto complementarase con información individualizada sobre os atractivos turísticos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?