A Ribeira Sacra abre unha nova fase na súa candidatura a Patrimonio Mundial


A Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura y Deporte iniciaron unha nova fase na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial a través dunha reunión con representantes do Icomos, órgano asesor da Unesco, na que participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló; a directora general de Bellas Artes do Ministerio de Cultura, María Dolores Jiménez-Blanco, e a directora general do Icomos, Marie-Laure Lavenir, entre outros. O obxectivo compartido entre a Comunidade Autónoma e o Goberno do Estado é intensificar o traballo e avanzar, da man do Icomos, para dar un novo impulso á candidatura mediante un novo proceso de diálogo que acredite coas máximas garantías os valores excepcionais deste territorio. Para iso, contarase co “compromiso de todos.”