A Ribeira Sacra será candidata a Patrimonio Mundial da Unesco en 2021

Foto.- Xunta de Galicia.

A candidatura da Ribeira Sacra logra finalmente dar o último paso e estar entre as 24 propostas de inscrición elixidas para ser presentada e sometida a estudo e debate na 45ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que se celebrará en sede aínda por determinar durante o ano 2021. Así lle foi notificado este venres pola UNESCO á Xunta de Galicia.

A paisaxe cultural galega acaba de lograr ser aceptada como a proposta de España para esta sesión, e entra en avaliación para a súa posible inclusión na prestixiosa Lista do Patrimonio Mundial, da que xa forman parte na Comunidade, a Cidade Vella de Santiago, o Camiño Francés, os Camiños do Norte, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules.