A roda dun camión causa un accidente cun ferido na AG-11, en Rianxo

1 minutes read
  • No accidente resultaron danados os tres vehículos implicados

Unha persoa resultou ferida nun accidente entre tres coches que se produciu na AG-11, en Rianxo, por causa da roda dun camión que se atopaba tirada na estrada.

En total, tres coches resultaron danados a causa do impacto e un dos ocupantes tivo que ser atendido polos profesionais sanitarios. Un operativo que completaron os Bombeiros de Boiro e os axentes da Garda Civil de Tráfico e que foi activado ás 18:30 horas desta tarde despois das diversas chamadas recibidas no 112 Galicia.

Ademais, o choque ocasionou algunhas dificultades no tráfico, pois viuse interrompida a circulación na carril esquerdo do quilómetro 10 da AG-11.