O Concello da Laracha, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organiza o concerto do grupo vigués A Roda que se celebrará o próximo sábado (día 3 de outubro) na Casa da Cultura da Laracha. O evento principiará ás 21:00 horas. A entrada é gratuíta para público ata completar o aforo máximo permitido polas autoridades sanitarias.