Sorprendidos quedaron residentes, veciños e achegados que á última hora da tarde deste sábado viron como unha «riada» de auga saía pola porta do número cinco da céntrica, e moi concorrida nese momento, carballesa rúa Coruña. Pronto se deu a voz de alarma e en poucos minutos presentouse no lugar unha dotación de operarios da empresa subministradora, dado que aínda que a avaría era dentro dun edificio particular, esta produciuse por unha rotura da tubaxe antes da chave de paso, polo que foi necesario contar cos técnicos de Gestagua para proceder ao corte e poder así emendar a avaría.