A escavación para construír un edificio en Alfonso Molina ocasionou este luns á mañá a rotura da tubaxe da rede municipal de auga da Coruña. Xerouse un aluvión que afectou ao tráfico de coches e, sobre todo, o edificio máis próximo. Veciños do edificio lindeiro protestan que se solagaron os trasteiros e garaxes, deixandi inservibles algúnhas cousas que alí se gardaban. A agua encamiñouse ao acceso dos garaxes. Despois de horas de achique, o martes quedaba unha boa capa de lama en numerosas prazas e a de máis grosor estaba en todo o soto terceiro. Nesa planta os rochos non se libraron do asolagamento e agora, da lama. Os residentes recuperaron a subministración de auga corrente pronto. Pero toda a comunidade, máis de 120 vivendas, segue sen poder utilizar o ascensor.
0