A deste mércores foi unha mañá axitada no barrio de Barrocás, en Ourense. Uns obreiros romperon accidentalmente unha tubaxe de administración que dá servizo a 37 vivendas do barrio, o que provocou que auga correra rapidamente rúa abaixo. A riada arrastrou pedras e terra da mesma obra, ata a mangueira e as ferramentas dos propios obreiros. En cuestión de minutos, aseguran os veciños, estaba todo anegado. A máis afectada foi a rúa San Mamede, que conduce, costa abaixo, ata o complexo hospitalario de Ourense. Desde balcóns e ventás os veciños foron testemuñas da avalancha. Segundo informan desde Viaqua, concesionaria de augas, contan con que as vivendas volvan ter auga esta tarde.