A rúa Luis Calvo de Carballo estará hoxe pechada por traballos de aglomerado

0 minutes read

Hoxe xoves desde as 14.00 horas, está previsto o corte da rúa Luis Calvo, no treito comprendido entre a rúa Barcelona e a rotonda, para proceder ao aglomerado da calzada. Os labores estenderanse ata as 22.00-23.00 horas, polo que se recomenda aos condutores a utilización de rutas alternativas, dende o concello piden desculpas por anticipado polas molestias que se poidan causar.