21
Este domingo comezou o programa “Andainas na Primavera” que organiza o Concello da Laracha. A primeira cita foi a “Ruta da Auga” no municipio de Zas e participaron 41 persoas. A inscrición continúa aberta para a “Ruta Sendeiro Laxe-Traba” (8 de maio) e a “Ruta Caión-Baldaio” (22 de maio). Está limitada a persoas empadroadas no termo municipal da Laracha, é gratuíta e debe formalizarse no Concello.