A saída de vía dun turismo deixou dúas persoas feridas en Carballo

1 minutes read

O 112 Galicia recibiu aviso sobre este accidente que tivo lugar na estrada que une Berdillo con Piña. Dúas das tres persoas que viaxaban no vehículo foron evacuadas en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112 Galicia) solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e da Protección Civil do municipio.

O primeiro alertador, un particular, indicaba que había varias persoas feridas e que unha delas parecía non poder saír ao exterior polos seus propios medios.

Pouco despois, os Bombeiros chegaron ao lugar do sinistro e comprobaron que non era preciso empregar o material de excarceración polo que, a continuación, os servizos sanitarios procederon a trasladar ás dúas persoas feridas ao complexo hospitalario coruñés.