A salvo parte do gando dunha nave de Maceda ao atoparse fóra cando comezou a arder

1 minutes read

Dentro das instalacións había unha vaca e dous cuxos, que son as únicas vítimas deste incendio. A forte carga térmica, coa cantidade de herba seca que se acumulaba no interior, prolongaba os traballos de extinción, pois foi necesario sacar o material, arrefriar e apagar.

Desde as nove da mañá deste domingo, cando se activou a alarma no 112 Galicia, operaron no lugar dos feitos, varias dotacións entre Bombeiros de San Cibrao, GES de Maceda, Protección Civil, Central de Incendios Forestais da zona e Protección Civil de Parada de Sil, xunto cos axentes da Garda Civil.

Con todo, e malia que se perderon tres exemplares, o groso do gando salvouse do incendio por estar fóra da instalación no momento no que se produciu o suceso.