A salvo tres tripulantes dunha lancha tras envorcar en Porto do Son

1 minutes read

Pasadas as dez a mañá deste luns o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa, que solicitaba asistencia urxente tras envorcar a súa embarcación nunha zona coñecida como A Basoña, en Porto do Son. Indicaba que eran tres tripulantes, que se mantiñan agarrados no casco da lancha, e requirían axuda o antes posible. 

Con esta información, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia activaron os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios, neste caso, Salvamento Marítimo e Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén contactouse cos axentes da Policía Local e a Garda Civil e os servizos médicos de urxencias quedaron pendentes por se finalmente era necesaria a intervención. Sen embargo, o bo estado dos afectados descartou este recurso, e os tres tripulantes foron trasladados sen lesións ao peirao.

No seu traslado participaron o helicóptero Helimer e a Salvamar Regulus. Esta última embarcación de salvamento ocupouse tanto do rescate de dous dos tripulantes (o terceiro foi na aeronave) como do remolque da lancha danada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?