A salvo un bañista ao que arrastrou o mar en Malpica

1 minutes read

Cando o sacaron do mar estaba inconsciente e tragara moita auga, pero, pouco a pouco, foi mellorando ao recuperar o sentido e equilibrar a súa respiración.

Desta maneira, puido ser evacuado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), aínda que había un helicóptero preparado para este efecto.

Os feitos ocorreron na Praia de Canido contras as 15:30 horas deste martes, tal e como explicaron os alertadores a través das súas chamadas ao 112 Galicia. 

Esta comunicación permitiu activar un operativo, que contou coa partipación de Salvamento Marítimo, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local, Garda Civil, membros do GES de Ponteceso e voluntarios de Protección Civil.

O home saíu da auga inconsciente, pero a reanimación serviu para que recuperase as constantes, e facilitase un traslado en mellores condicións ao hospital. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?