A San Silvestre de Noia contará con recollida de alimentos en favor de Cáritas

1 minutes read

O Concello de Noia presentou este mércores a carreira San Silvestre 2022, unha edición que volve amosar o seu lado máis solidario e que todo o recaudado irá destinado en beneficio de Cáritas Diocesana de Noia. O grupo de goberno levou a cabo a reunión de organización e seguridade desta proba non competitiva de 3 km e da que non será preciso realizar inscrición previa.

Así, as persoas que desexen participar tan só deberán facer entrega dalgún producto de alimentación básico ou alimento típico de Nadal como donativo a Cáritas Noia. A entrega poderá realizarse o propio día da carreira na porta do Concello.

Tras a presentación desta San Silvestre 2022, a concelleira de Deportes, Laura Salgado, quixo agradecer “un ano máis a colaboración indispensable de Protección Civil, Policía Local e Cruz Roja de Noia para que esta proba se poda levar a cabo e o día 31 podamos gozar dunha gran xornada solidaria na nosa vila”.