Na reunión celebrada no colexio médico de Santiago de Compostela acordáronse os seguintes puntos:
1. Convocar folga de facultativos de atención primaria (o que inclúe a médicos de familia, MIR, pediatras, farmacéuticos, odontólogos, técnicos de saúde) o día 19 de xuño.
2. Convocar unha manifestación o mesmo día 19 en Santiago ás 12 horas, desde San Caetano (Xunta) a San Lázaro (Sergas).
Na táboa reivindicativa figura a cobertura de todas as vacantes e dotación de prazas. Este punto refírese a todo o persoal de atención primaria e non só facultativo. Non é excluínte e hai consciencia da necesidade de mellorar a atención primaria globalmente.
Faise RECORDATORIO tamén de que o martes 11, ás 20 horas, no colexio médico de A Coruña, vai haber nova Asemblea de Área Sanitaria de A Coruña para organizar a folga na cidade e a súa difusión.