A SD Fisterra cae pola mínima ante As Pontes (3-2)

Cedida.

Tres puntos máis conseguiu este domingo o As Pontes na súa casa ante a SD Fisterra, un rival directo na categoría que visitaba O Poboado coas mesmas necesidades que o equipo local. Superior o As Pontes en liñas xerais, sobre todo nas áreas, onde aproveitou as mellores ocasións para transformalas en gol. O Fisterra, sempre a remolque, tentouno ata o último momento e tivo opcións para empatar, pero o desgaste converteuse nun rival máis nos minutos finais. 1-0 (21′) David García. 2-0 (47′) Rubén Pardo. 2-1 (57′) Eloy, de penalti. 3-1 (74′) David García. 3-2 (78′) Alejandro, de penalti.