A SD Sofán conquista Noia


A SD Sofán saíu a por todas en Noia e apenas lle concedeu ocasións ao equipo local, que só inquietou a Brais a balón parado. Con Kolie en punta e con bos acompañantes nas bandas xerábanse boas chegadas e finais sobre a meta de Fedello. A boa presión traduciuse nun roubo de Paulo que encarou a Fedello pero no man a man saíu gañador o meta carballés. Así se chegaría ao descanso, con boas sensacións pero sen o premio do gol. Na segunda metade o Noia quería dominar con balón e a SD se defendia e contragolpeaba. Nunha boa combinación entre Fita, Borja e Paulo, o balón recíbeo o 10 que encara a Diogo, supérao cun caño e saca un tiro inapelable que se coa pola escuadra de Fedello para facer xustiza sobre o que pasaba no campo, no minuto 61. O Noia queria ir a polo empate e entrou Ferreiro e Sayés e chegaron as mellores ocasións locais. Foi cando máis sufriu a SD que soubo resolver esas situacións e defender a tan ansiada vitoria, a primeira a domicilio da tempada. A próxima xornada o Viveiro será o rival no Carral.

SD Sofán.