A SD Sofán perdeu pola mínima en Arnoia (2-1)

Sofán SD.

Non puido sacar nada productivo a SD na súa visita a Arnoia, onde dúas partes ben diferenciadas decidiron o encontro.
A SD comezou ben metida no encontro, asentándose nun terreo de xogo que daba poucas opcións.
O maior perigo xerábase polas bandas, con Paulo e Kolie, e Raúl como punta de lanza.
E foi no minuto 20 cando unha boa combinación entre Fabián e Paulo acabou en gol, tras tiro cruzado deste último.
As ocasións seguíronse sucedendo polo bando visitante, onde rondaban a área do Arnoia con perigo pero sen concretar as accións.
Remate da 1ª metade coa SD como dominador, pero na 2ª metade mudou a situación e o Arnoia adiantou filas e no minuto 55 e tras unha boa transición chegou o empate.
A SD estaba pasando apuros ante un Arnoia máis asentado no campo e sabendo como facer dano.
Asi foi como no minuto 70 noutra rápida combinación o Arnoia toma vantaxe marcando o 2-1.
Protestouse un posible penalti sobre Raúl pero o encontro remataría co definitivo 2-1.
A SD remata a semana de novo no Carral fronte o Silva o domingo, onde de novo precisa de tódolos seguidores no campo.

SD Sofán.