Segundo un informe recente da Comisión Europea, España é unha das zonas máis afectadas do continente pola seca. As altas temperaturas e a ausencia de choivas, ademais de provocar consecuencias negativas para a saúde e incentivar a aparición de incendios, tamén están a minguar as reservas de auga ao nivel máis baixo da última década nesta época do ano.
Como consecuencia da seca, xa son varias as rexións e poboacións españolas que optaron por impoñer restricións no consumo da auga: desde cortar a rega de xardíns públicos a inhabilitar as duchas da praia.
A Generalitat limitou en 150 municipios cataláns o consumo da auga a 200 litros por persoa ao día, unha cantidade suficiente para o uso doméstico, porque se estima que unha persoa gasta de media 130 litros ao día. Por iso, as restricións afectan principalmente os usos industriais, agrícolas e lúdicos.
En Galicia, choveu un 33% menos que o ano pasado, a situación empeora día a día, especialmente na conca do río Lérez, onde nos últimos 20 días perdeuse o 75% do seu caudal.