A secretaria de Organización de Podemos, Lilith Verstrynge, abandona a política

Lilith Verstrynge, secretaria de Organización de Podemos e deputada no Congreso, anunciou este venres que deixa os seus cargos orgánicos e a súa acta no Congreso. A dirixente era a ‘número tres’ do partido desde a Asemblea Cidadá de 2021, que elixiu a Ione Belarra como secretaria xeral do partido, tras a saída de Pablo Iglesias. Anunciou a decisión por sorpresa, a través dunha mensaxe nas redes sociais no que agradeceu a confianza á militancia.

“As despedidas son difíciles e tristes. Deixo as miñas responsabilidades políticas e tamén a acta de deputada. Mil grazas á militancia de Podemos e ás persoas que confiastes en min estes anos”, anunciou. Pouco despois, tanto Belarra como a secretaria política do partido, Irene Montero, agradecéronlle en senllas mensaxes o seu traballo.

“Agora o fundamental é que te coides e que esteas ben. Podemos sempre será a túa casa. Grazas por tantísimo traballo en condicións tan difíciles. Un abrazo enorme”, escribiu a secretaria xeral do partido. “A prioridade agora es ti. Querémoste e seguiremos camiñando xuntas”, escribiu tamén Montero.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha