A sede de Íntegro en Cabana acolle a 2ª Edición Xogos do Mundo

2 minutes read

A asociación Íntegro celebra este venres a partir das 10.15 horas, a 2ª edición dos Xogos do Mundo, unha xornada inclusiva de deporte, xogo, coñecemento, diversión e convivencia na que participan arredor de 250 persoas. Ademais de contar coa presenza de compañeiros doutras entidades como  Adisbismur, A Creba, Amarai, Misela e Avante, tamén participarán os nenos e nenas de 6º de primaria do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.  

A xornada rematará coa entrega de medallas, á que acudirá o presidente de Íntegro Adolfo López Baña; a directora de centro de recursos Noelia Barreira, e o alcalde de Cabana José Muíño.

LUGAR: Pavillón polideportivo municipal Cabana de BergantiñosPROGRAMA.- 

10:15 a 10:45 Recepción dos participantes 

10:45 a 10:55 Explicación dos xogos aos participantes

11:00 a 11:40 Pista A: Xogo África (Tres en raia)

11:00 a 11:40 Pista B: Xogo Oceanía (Tiro á lata)

11:45 a 12:25 Pista A: Xogo Asia (Gul Tara) 

11:45 a 12:25 Pista B: Xogo Europa (Xogo da culler) 

12:30 a 13:10 Xogo América (Varrer coa escoba) 

13:30 Entrega das medallas. Presidente de Íntegro Adolfo López Baña; a directora de centro de recursos Noelia Barreira, e o alcalde de Cabana José Muíño.

14:00 Saída cara as instalacións de Íntegro (Nantón). Zona habilitada para a comida e karaoke.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?