A segunda edición do Balea Fest encherá Malpica de boa música este sábado

Cedida.

O concelleiro de Turismo e tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo e a A.C. Campal presentaron, xunto á estatua da “Balea”, a segunda edición do BALEAFEST, un festival que se vai celebrar o vindeiro sábado 29 de xullo.

Esta segunda edición trae novidades xa que haberá Sesión Vermú. Dende as 13.00 horas actuarán “Os Mecánicos” e ás 15.00 horas será a queda de “Os Revenidos”.

A sesión de noite comezará ás 22.00 horas coa actuación de “Manquiña e os Fabulosos Weekend” e ás 00.00 horas, a actuación de “Calle del Ruído”.

No evento tamén colabora a Confraría de Pescadores de Malpica e é totalmente de balde.

Desde o Concello e a asociación Campal  animan a todo o mundo a achegarse a gozar da boa música.  

Promo do evento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha