A Seguridade Social suma 51.079 afiliados en setembro


  • Mantense un notable dinamismo nos sectores de alto valor engadido, como Informática e Telecomunicacións ou Actividades Profesionais, Científicas e Técnicas.

O número de afiliados á Seguridade Social incrementouse en setembro, en termos desestacionalizados, en 51.079 persoas, ata un total de 20.224.355 afiliados. Acumúlanse así 17 meses consecutivos de aumento do emprego. En total, nos nove primeiros meses do ano rexistráronse 385.253 afiliados máis, descontando a estacionalidade e o efecto calendario. Desta maneira, supérase en 729.104 persoas o nivel de afiliación de agosto de 2021, cando se pasou o nivel de afiliación pre-pandemia. O comportamento neste mes de setembro é mellor ao de anos anteriores, tanto na serie desestacionalizada como na serie orixinal. A pesar da incerteza, a media de afiliación do primeiros nove meses de 2022 está en liña co rexistrado entre 2017-2019, anos de gran dinamismo no mercado laboral.