A Seguridade Social sumou máis de 60 mil afiliados en agosto

1 minutes read

O número de afiliados á Seguridade Social incrementouse en agosto, en termos desestacionalizados, en 62.135 persoas, ata un total de 20.173.277 afiliados. Acumúlanse así 16 meses consecutivos de aumento do emprego. En total, nos oito primeiros meses do ano rexistráronse 334.174 afiliados máis, descontando a estacionalidade e o efecto calendario. Desta maneira, supérase en 687.000 persoas o nivel de afiliación anterior ao impacto da COVID-19. Agosto é un mes marcado tradicionalmente polo fin dos contratos de verán. Aínda así, o comportamento deste ano é mellor ao de anos anteriores, tanto na serie desestacionalizada como na serie orixinal de afiliados medios.

Desde xaneiro ata agosto, a media de afiliación en 2022 é similar ao de 2017-2019, anos de dinamismo no mercado laboral. No período xuño-agosto, a media é de +49.395, superior ao de 2017-2019 (+35.746).

O comportamento máis favorable do habitual en agosto prodúcese despois de mes de xullo menos dinámico, unha variación que obedece a tres factores de natureza transitoria: 1) un adianto de contratacións a xuño, que foi tamén un mes que rexistrou un aumento da afiliación maior ao habitual, 2) a onda de calor de mediados de xullo, que puido afectar negativamente á ocupación de sectores como Comercio, Agricultura e Construción na segunda metade dese mes, e 3) unha perda de emprego maior á habitual en Educación, pola finalización dos contratos de reforzo pola Covid-19 realizados a principios de curso.