0
Despois da vitoria ante Suecia no último suspiro, España volveu gustarse cunha goleada maiúscula ante Suíza (5-0) cun dobrete de Aitana Bonmatí, outro de Lucía García para abrir a lata, Inma Gabarro puxo o cuarto e Oroz pechou a festa cun trallazo á escuadra ante as helvéticas. España sitúase como líder de grupo na Nations League e xa avantaxan en tres puntos a Suecia, segundo clasificada. Ademais, houbo récord de asistencia no Novo Arcanxo con 14.194 espectadores.