A selección galega feminina de balonmán, terceira no Torneo IV Nacións

Galicia acadou a tercera posición no IV Nacións que se disputou esta fin de semana en Girona, tras superar á Comunidade Valenciana nun  partido que foi dominado de principio a fin polas galegas. Na primeira metade o combinado dirixido por Anxo Otero foi moi superior, chegando a alcanzar diferenzas de oito goles a favor, pero nos minutos previos ao descanso, Valencia logrou recortar para chegar ao final dos 30 primeiros minutos só tres goles abaixo (17-14). A segunda metade estivo más axustada, pero foi sempre dominada por Galicia que non perdeu o mando no marcador en ningún momento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha