A Semana das Oportunidades do CCA Carballo contará con 46 comercios

Rueda de prensa CCA Carballo_Cedida

  • Do 28 de febreiro ao 6 de marzo haberá descontos de ata un 70% en establecementos de moda, alimentación, xoiería ou barbarías

Un total de 46 establecementos do Centro Comercial Aberto Carballo (CCA) participan na Semana das Oportunidades, unha feira na que a clientela poderá atopar descontos de ata un 70% nunha variedade de produtos que inclúen moda, confección, calzado, xoiarías, deporte, perfumaría ou mobles, e tamén outras ofertas menos habituais neste tipo de citas en sectores como o da nutrición, docerías, salóns de peiteado, tendas de xoguetes ou de electrodomésticos, entre outros.

As ofertas poderán atoparse visitando os comercios participantes durante unha semana entre o domingo 28 de febreiro –que coincide coa última feira do mes- e o sábado 6 de marzo.

O presidente do CCA, Ricardo Pallas, quixo lembrar que, en todo caso, as medidas de seguridade serán prioritarias e deberanse respectar as restricións actuais: límite de aforo do 50%, emprego de máscara e o uso de xel desinfectante.

Pola súa parte, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, quixo agradecerlle ao sector o seu labor neste tecido “vivo” e reivindicou a importancia do comercio de proximidade, xa que a falta de mobilidade xerada pola pandemia “axudou a que volveramos a mirar cara ao local”.

A presentación da Semana das Oportunidades contou ademais coa presenza do vicepresidente do CCA, Germán Riveiro Bértoa; a súa xerente, María del Carmen Freire; e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Promo da Feira das Oportunidades.

Locais participantes: A fragua, Adamela, Akira, Akris, Aloe Herboristería, Amai Store, Arabela atelier de doces, Atelier, Atmósfera Sport, Bambalina, Benetton, Bio Salón Mesturas (salón de peiteado), Calzados Susa, Cenor (Parque do San Martiño), Charanga, Compro Oro Carballo, Confecciones San Juan, D&A Complementos, Dequip, DV Carballo, Ekate, Florida Centro Joya, Informática, Valem, Jorge moda, Lencería Mª José, Mercería Pilar Mª, Meus Antoxos, Mímate, Miriñaque, Mister Nutrición, Moda Suárez, Muebles Fuentes, Necos, O barco dos soños, O Cestiño, Óptica Enríquez, Perfumería Garrote, Poppy, Retoños, Sastrería Miguel, Style, Teirón, Xoguetería Merliño, Zapatería Esther, Zapatillería Isabel, Zocas.