A situación epidemiolóxica empeora en Bergantiños

Imaxe dun traballador desinfectando as rúas de Carballo_Foto arquivo.

Preocupa especialmente a repunta de casos en Carballo e A Laracha. Carballo concentra case a metade dos contaxios que se rexistran na comarca. Había 53 casos activos este martes, sumando este mércores 4 afectados máis. É o peor dato que se rexistra na capital de Bergantiños dende a cuarta vaga. Na Laracha, en tan só unha xornada chegaron a rexistrarse 7 novos contaxios, que sumaron máis de 30 casos activos, e a incidenda do virus superou o risco alto. En ambos concellos están a celebrarse senllos cribados poboacionais dirixidos a mozos de entre 18 e 30 anos de idade co fin de detectar asintomáticos e atallar canto antes este importante incremento de casos.