A Asociación Española contra o Cancro de Malpica e a concellería de Cultura, Deportes e Patrimonio organizan a andaina solidaria “En marcha contra o cancro”, que se desenvolverá o domingo 16 de abril.
Os interesados poden inscribirse nesta iniciativa solidaria que partirá ás 10.30 horas da Praia Area Maior para logo realizar o percorrido ata a ermida de San Hadrián.
Unha convocatoria para todas as idades, cun custe de 5 euros para os maiores de 12 anos e 3 euros para nenos e nenas ata os 12 anos. As persoas que non poidan ir e queiran colaborar poden adquirir o dorsal solidario na web da Asociación do Cancro.
Inscricións
As persoas interesadas en participar e colaborar con esta causa poden apuntarse nos seguintes puntos presenciais:
- Leiloio: Mª Carmen do Vilar
- Buño: Casa de Lexi do Correo.
- Cambre: Rosa María.
- Cerqueda: U.D. Cerqueda.
- Malpica: Jofra, Peluquería Ana Ures e Peluquería Cristal, Peluquería Marta, Oficina de Reale Seguros Santi Abelenda e no Centro de Beleza Alverixa.
Ademais poden contactar telefonicamente co Concello no 981.720.001; con Carmen Teresa no 625.117.730; con María José Veiga no 628.094.299, e con María José Prieto no 686983670.