A sorte da Lotería de Nadal fai parada na Costa da Morte e resto de Galicia

1 minutes read
  • Os 1.807 premios repartiron un total de 2.590 millóns de euros no sorteo.

88.008: o Gordo máis preguiceiro rega Galicia de diñeiro. Vendeuse na Coruña, Cambre, A Pobra, Val do Dubra, Porto do Son, Culleredo, Santiago, Ourense, Xinzo, Lugo, Baralla, Vigo, O Porriño, Marín, A Illa, Salvaterra e Vilagarcía.

O segundo premio, o 58303, deixa 162 millóns na Coruña e 45 no Grove. A administración coruñesa do Filón de Ouro vendeu 130 series, a maioría para a protectora Gatocan e para a Asociación de Amas de Casa. 

Case 11 millóns de euros para Riotorto grazas ao 37.038, un dos quintos premios. Despacharon 182 series máis 6 décimos, o que supón 10.956.000 euros. Vendido tamén en Ribadavia, A Illa e O Grove.

Costa da Morte

A administración 1 de Carballo situada na rúa do Hórreo vendeu un décimo do quinto premio, correspondente ao número 57421. Laxe tamén rozou a sorte con oito décimos doutro quinto para o número 86007 e a administración número 1 de Ponteceso despachou o 88979, agraciado con outro quinto premio máis.