A sorte non acompañou ao Sofán ante o Vilalbés no primeiro partido deste ano


A SD Sofán non conseguiu sacar nada positivo na súa volta á competición tras o parón do Nadal, iso que xa no minuto dous gañaba 1-0 despois dun cabezazo de Iván Martínez á saída dun corner. A SD tivo dúas boas ocasións Alexandre, primeiro nun man a man con Ángel Fraga e na seguinte cun disparo lonxano que sae cruzado. No minuto 16 chegaría o empate tras un balón cedido a Brais. A presión sobre a área do Vilalbés era constante, pero non se conseguían materializar as ocasións, co empate chegouse ao descanso. Tras a reanudación, quen se estirou algo máis foi o Vilalbés, con boas accións de Cuadrado e Otero e así, nunha boa internada por banda deste último o balón paséase tras varios rexeites e despexao Borja da liña de gol cando Jose Varela se preparaba para desfacer o empate. Foi precisamente Varela o que puxo o 1-2 no minuto 71 tras unha boa acción individual. O Vilalbes replegouse, e a SD adiantou liñas metendo no campo a Manu, Gallego e Kolie, para buscar o empate. Antes do final reclamouse un posible penalti sobre Fita que o árbitro non apreciou pero o resultado xa non se movería. Tres puntos importantes que non puideron quedar no Carral, toca pasar páxina e pensar xa no próximo partido que será o vindeiro domingo en Noia.

SD.Sofán.