A sorte sorrí á AD.Fogar de Carballo e Oleiros

Como vén sendo habitual cada dous anos desde o 2014, o número 60.617 da AD.Fogar de Carballo e Oleiros volveu ser premiado no sorteo da Lotería Nacional de Nadal celebrado o pasado 22 de decembro de 2020; desta volta co reintegro. Este 60.617 resultou agraciado xa en catro ocasións nos últimos sete anos, coa terminación en 2014, 2018 e 2020 e cunha pedrea en 2016. Os da AD.Fogar adoitan repartir 200 décimos en 1600 participacións de 2.50€ entre os asociados e seguidores; participacións que como vén sendo habitual poden cobrarse xa na Administración de Lotería Alexandra de Carballo situada no baixo número oito da rúa Desiderio Varela.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha