A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, estará este xoves en Laxe

0 minutes read

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, desprazarase este xoves a Laxe para presentar o programa “La Administración cerca de ti” que terá lugar no Museo do Mar, onde aproveitará para facer unha visita acompañada do alcalde, José Luis Pérez Añón. O obxectivo do Goberno con este programa é achegar a Administración á cidadanía para fortalecer a cohesión social e territorial, combater a fenda dixital e reforzar a igualdade de oportunidades, «transformando o país e facendo unha Administración máis útil e próxima».