A suposta vítima dun brutal ataque en Madrid cambia a súa versión

A suposta vítima dun brutal ataque no barrio de Malasaña, en Madrid, cambia a súa versión. Os encapuchados xa non eran tales e a persoa que escribiu a palabra «maricón» na súa nádega cun obxecto punzante era un coñecido co que tiña ter relacións sexuais. A acción foi, segundo explica agora o mozo español de 20 anos, consentida. Nin as cámaras de seguridade, nin unha soa testemuña puideran corroborar a primeira versión da suposta vítima, que este mércores deu un xiro radical á súa declaración.

Coa sensibilidade do país a flor de pel tras as repetidas agresións homófobas vividas nos últimos meses, o caso chegou á esfera política conmovendo a toda a comunidade. Agora a suposta vítima podería enfrontarse a unha pena de ata 12 meses de cárcere por simulación dun delito. Con todo, a investigación, segue aberta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha