A tarifa da peaxe da autoestrada Coruña-Carballo será uniforme en 2020


No ano 2020 as actuais tarifas das peaxes nas autoestradas de titularidade autonómica A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57), e que se estenderán ata o ano 2023, cun investimento de 4,7 millóns de euros, manteranse estables.

O departamento de Infraestruturas da Xunta e Autoestradas de Galicia S.A renovaron o convenio de colaboración para manter o réxime de bonificacións de peaxe para itinerarios frecuentes, de volta no mesmo día, e os descontos por treito en horario nocturno aplicables ás peaxes vixentes nas dúas autoestradas.

A Xunta manterá conxeladas en 2020 as súas tarifas, salvo en dous únicos traxectos, en ambos casos para vehículos pesados.

Ademais, no 2020, e tras a aprobación da Lei de impulso demográfico, prevese incorporar a este convenio unha nova bonificación, neste caso para familias numerosas, tal e como prevé a devandita normativa autonómica.