A Tarxeta Básica conta con 35.200 beneficiarios

1 minutes read

Posta en marcha o pasado mes de xullo para atender ás persoas máis vulnerables fronte aos efectos socioeconómicos da crise sanitaria da covid-19, a Xunta afirma que leva beneficiado a 35.200 galegas e galegos. Isto significa que se teñen emitido un total de 20.800 tarxetas, nas que se investiu un total de 13,8 millóns de euros.

A súa vixencia ampliuose ata xuño do ano 2021, cunha validez máxima de nove meses por tarxeta. O importe desta axuda depende do número de membros da unidade familiar. No caso dos fogares unipersoais a axuda é de 150 euros mensuais, para os fogares con dous membros é de 200 e para as familias con tres membros ou máis a axuda chega aos 300 euros mensuais.

O maior número de beneficiarios atópase nas sete cidades galegas. Na Coruña téñense emitido preto de 2.900 tarxetas, en Ourense 1.400, en Vigo 1.200, en Santiago 1.100, en Lugo 1.000, en Ferrol 750 e en Pontevedra preto de 600.