A tarxeta-bono “Sempre Carballo” supera as 7.000 solicitudes en dous días


Esta tarxeta está destinada a todas as persoas maiores de idade con residencia en Carballo anterior ao 31 de xullo deste ano. O trámite de solicitude é moi sinxelo, a través da páxina web www.semprecarballo.gal. As tarxetas serán enviadas aos domicilios que figuran no Padrón Municipal de Habitantes pola entidade bancaria que as xestiona, xunto coas instrucións precisas para activala e un saldo de 30 euros que poderás consumir en calquera dos 272 establecementos adheridos.

O prazo de solicitude está aberto ata o 15 de novembro, e os 30 euros poderán consumirse ata o 30 de novembro. O obxectivo do programa, impulsado dende a Concellaría de Promoción Económica, é revitalizar a economía local cunha inxección directa de 700.000 euros nas empresas carballesas e fomentar o consumo no propio concello.